viernes, 29 de mayo de 2015

Devolven a memoria a ratos con amnesia


É posible devolver a memoria ás persoas que a perderon a causa da amnesia ou mesmo, indo máis lonxe, a pacientes coa enfermidade de Alzheimer? Estas posibilidades eran de todo improbables, ata agora. Un equipo de científicos liderado polo premio Nobel Susumu Tonegawa conseguiu avanzar neste obxectivo logrando con éxito devolver os recordos perdidos pola amnesia a un grupo de ratos de laboratorio.

No experimento, mediante a optogenética, unha técnica nacida da genómica e a óptica que permite activar e desactivar mediante luz diversos grupos de neuronas para así estudalas, os científicos induciron unha amnesia experimental a un grupo de ratos (mediante anisomicina) para poder comprobar se os recordos desaparecen ou permanecen ocultos no noso cerebro. Xa se conseguira anteriormente para borrar recordos, así que, por que non para recuperalos?

Así, os ratos foron expostos a unha situación que lles provocou medo (marcando xeneticamente as neuronas responsables para permitir a súa visualización e reactivación). Máis tarde, conseguiron que esquecesen tan mala experiencia. Logo, lograron que os ratos volvesen recordar a situación que lles produciu temor, confirmando que os recordos non se perden, senón que aqueles fragmentos de memoria esquecidos poden recuperarse mediante a activación de "engramas" da memoria, cambios bioquímicos e estruturais que son claves na formación dun recordo nos circuítos neuronais. Estes cambios son os que determinan e modifican a súa "forza", para permitirnos, ou, non recordar.

"A nosa conclusión é que na amnesia retrógrada, os recordos do pasado non poden ser borrados, senón que simplemente poderían estar inaccesibles. Estes resultados proporcionan unha impactante visión da natureza fugaz dos recordos, e estimularán a investigación futura sobre a bioloxía da memoria e a súa restauración na práctica clínica", explica Tonegawa.

viernes, 22 de mayo de 2015

Inocentes accións cotiás que ocultan perigos mortais para a saúde humana

Accións tan cotiás como tomarse un café,comerse un cadelo ou limpar a casa pode causar a morte dunha persoa. Como? É o que vou intentar explicar a continuación...

120 cuncas de café
Esta cantidade de bebida é mortal para un varón de 90k, informa 'Business Insider ´.
Durante o verán de 2014, dous mozos estadounidenses morreron en incidentes separados despois de beber cafeína pura en po mesturada con auga.

Seis litros de auga

O exceso de auga nas nosas células e arredor delas chámase 'hiponatremina´, ou intoxicación por auga. Nun caso extremo. as neuronas do cerebro vense apertadas, o que leva a unha variedade de problemas neurolóxicos, dende dores de cabeza a confusión, convulsións e, en raros casos non tratados, a morte.
En 2007, Jennifer Strange, unha californiana de 28 anos, bebeu seis litros de auga en menos de tres horas como parte dun concurso. Morreu poucas horas máis tarde.

48 culleriñas de sal
O delicado equilibrio entre a auga e o sal (ou sodio) nas células e arredor delas é o que as mantén sas. Cando hai exceso de sodio (moi pouca auga), as células encóllense. Esta condición coñécese como 'hipernatremia'. Os seus síntomas máis leves inclúen fatiga e debilidade, pero se a condición empeora pode conducir a convulsións, coma e, en casos raros, á morte.

71 pastillas de analxésico
Cada ano, ao redor de 460 estadounidenses morren de sobredose de acetaminofeno, o principal ingrediente do analxésico norteamericano Tylenol. A dose letal é duns 35.600 miligramos ou ao redor de 71 pastillas extrafortes.

13 tragos de alcohol en rápida sucesión
Os efectos de alcohol poden ser mortais se un bebe moito e nun curto prazo de tempo. Entre 2006 e 2012, uns 88.000 estadounidenses morreron a causa do consumo excesivo de alcohol. Moitas destas mortes foron causadas pola intoxicación por alcohol.
Para unha persoa media, uns 13 tragos nun lapso dunhas poucas horas serían suficientes para falecer, pero esta cantidade número varía amplamente en función do peso e o sexo do individuo, así como de moitos outros factores.

85 libras de chocolate
O chocolate contén teobromina, unha substancia química tóxica que pode matar un animal pequeno. O efecto mortal nos seres humanos, que metabolizamos moito mellor que os gatos ou os cans, rexístrase tras consumir uns 1.000 miligramos de teobromina por quilogramo, o que equivale a preto de 85 libras de chocolate.

Mazás e outras froitasAs sementes das mazás conteñen unha cantidade ínfima dun composto de azucre-cianuro que se converte en hidróxeno de cianuro (toxina potencialmente letal) cando se metaboliza no corpo humano.
Estímase que ao redor de 1,5 miligramos de cianuro por quilo de peso corporal resulta fatal para un adulto. Esta cantidade equivale a ao redor de 19-24 mazás enteiras ou a media cunca de sementes da froita, que para supoñer un risco fatal para a saúde humana deberían ser mastigadas e tragadas dunha soa vez.
As mazás non son a única froita cuxas sementes conteñen substancias tóxicas: na lista tamén aparecen cereixas, melocotóns, albaricoques e ameixas.

Cadelos quentes e outras comidas
Un estudo de 2008 revelou que os 10 principais alimentos máis propensos a causar asfixia en nenos pequenos son os cadelos quentes, os cacahuetes, as cenorias, o polo desosado, os doces, a carne, os flocos de millo de millo, o peixe con espiñas, as sementes de xirasol e as mazás.
De media, cada cinco días morre un neno estadounidense por atragoarse coa comida, maiormente con cadelos quentes. Un anaco do alimento bloquea completamente as vías respiratorias do neno, que falece en cuestión de minutos debido á falta de osíxeno.

A gripe
Miles de persoas morren a causa da gripe cada ano. Arredor do 90% destas mortes acontecen en persoas maiores de 65 anos, pero os mozos tamén son especialmente vulnerables ao virus, en particular os menores de 6 meses.
En 2006, máis de 50.000 estadounidenses morreron a causa de complicacións polo virus, e calcúlase que 20.000 nenos menores de cinco anos son hospitalizados debido á gripe cada ano.

Produtos químicos domésticos
Se debe utilizar lixivia para limpar o seu fogar asegúrese de non o mesturar con ningún outro produto. A mestura de cloro e amoníaco (un ingrediente que se encontra en varios tipos de limpacristais) é unha das principais ameazas.
Esta mestura dá lugar á cloramina, un gas tóxico que pode queimar os pulmóns, e en grandes cantidades pode xerar hidracina, un líquido perigoso que pode explotar.

O sol
Entre 2006 e 2010, preto de 2.000 estadounidenses morreron por "causas relacionadas co clima": tormentas, inundacións, exposición a calor e frío extremos. Case unha terceira parte das mortes foron provocadas polo exceso de calor natural, un golpe de calor, insolacións ou unha combinación dos tres.

Manxar xaponésO peixe globo é un caro manxar da cociña xaponesa que pode acabar matando o consumidor se non foi preparado apropiadamente.
Antes de que aos xefes de cociña se lles permita servir pez globo legalmente deben someterse a unha estrita formación durante varios anos e aprobar un exame que inclúe probas deseñadas para asegurar que poidan distinguir axeitadamente as partes tóxicas dos peixes (o fígado, os ovarios e as peles).

viernes, 15 de mayo de 2015

Un multimillonario ruso planea converterse nun robot para ser inmortal


O 15 e 16 de xuño celebrarase en Estados Unidos o congreso internacional Futuro Global 2045. O seu organizador, o empresario ruso Dmitri Itskov, que tamén impulsou o proxecto Rusia 2045, está convencido de que dentro duns trinta anos a humanidade terá logrado o xeito de vivir para sempre.
No marco do congreso Futuro Global 2045, os participantes non só discutirán a modernización espiritual da humanidade, senón que tamén mostrarán as novas tecnoloxías que deberán formar a base para unha revolución técnico-científica, informa a páxina oficial do congreso.

O inspirador principal do congreso é o empresario Dmitri Itskov, un mozo multimillonario ruso, que pretende vivir para sempre a través dunha copia robótica de si mesmo, á que transplantaría a súa propia mente. Iso é o que se propoñen el e as máis de 38.000 persoas que se inscribiron á Iniciativa 2045 impulsada por Itskov.

"Cremos que non só é posible senón tamén necesario vencer o envellecemento e mesmo a morte e superar os límites fundamentais da capacidade física e mental humana", proclama un manifesto de Rusia 2045, o proxecto principal de Dmitri Itskov, que prevé crear un robot humanoide controlable a distancia e mesmo un avatar-holograma.

"Os organismos artificiais non necesitarán os recursos que nós necesitamos actualmente para manter a vida. As persoas serán capaces de vivir fóra do noso planeta. Un corpo artificial pode existir en planetas onde o corpo biolóxico non pode sobrevivir", debuxa o seu futuro ideal Dmitri Itskov.

Itskov está convencido de que o seu proxecto non dividirá a futura sociedade do planeta entre persoas ricas inmortais e pobres mortais. Cre, ao contrario, que as altas tecnoloxías axudarán a prolongar a vida das persoas correntes.

viernes, 8 de mayo de 2015

Dúas illas novas aparecen no Mar Vermello


Foron bautizadas como Sholan e Jadid e forman parte do arquipélago Zubair, composto por 10 illas volcánicas e varias rochas, ao sur do Mar Vermello, entre a costa de Iemen e o Corno de África. O nacemento destas dúas novas illas xurdidas no Mar Vermello foi recollido por varios satélites que orbitan arredor da Terra que conseguiron captar a formación rápida e de gran violencia destas novas illas volcánicas.

A investigación, a cargo dun equipo de científicos da Universidade Rei Abdullah de Ciencia e Tecnoloxía (Arabia Saudí) mostra que a rexión na que se encontran estes dous illotes é moito máis activa volcánicamente do que cría ata agora. A zona encóntrase precisamente enriba dunha dorsal oceánica que está sometida a unha intensa actividade volcánica e sísmica dende finais dos 70.

"Como as illas pertencen a Iemen e estaban fóra do noso alcance para poder realizar traballo de campo, decidimos usar imaxes de satélite así como os datos sísmicos para estudar a formación destas illas", explica Sigurjon Jonsson, coautor do estudo.

Así, combinando imaxes en alta resolución dos satélites xunto cos datos das emisións de dióxido de xofre captadas por instrumentos de monitorización do ozono, os científicos descubriron que os illotes se formaron moi rapidamente (o primeiro tardou só 25 días) tras a erupción do volcán submarino; posteriormente, ambas as dúas illas foron alimentadas por dúas fracturas cubertas de magma.

É bastante complicado observar o xurdimento de illas volcánicas, posto que á parte de que adoitan xurdir en zonas remotas do planeta, estes fenómenos adoitan acontecer a uns 3.000 ou 4.000 metros de profundidade e rara vez se acumula tanto magma como para que acaba sobresaíndo á superficie.

"Cando o magma se propaga a través da codia e alcanza a superficie, xera unha deformación que podemos medir nas illas veciñas utilizando unha técnica chamada interferometría, a partir de datos obtidos polo radar de satélites. Combinamos esas observacións coa actividade símica para analizar mellor todo o proceso volcánico", explican Wenbin Xu e Joel Ruch, coautores do estudo.

Os científicos elaboraron un modelo tridimensional do evento, recollido na revista Nature Communications

viernes, 1 de mayo de 2015

Encuentran materia oscura dentro de la Vía Láctea

Midiendo la rotación del gas y las estrellas que componen nuestra galaxia los científicos han comprobado que existe una gran cantidad de materia oscura entre el Sistema Solar y el centro de la Vía Láctea.